Que podemos
facer por ti?

A UAMI de Santiago de Compostela oriéntache e enfócache na túa chegada, de forma confidencial e gratuíta, para facilitar e acortar o teu proceso de adaptación, a través dun asesoramento personalizado, deseñado especificamente para ti.

Achégate con confianza!

Podemos axudarche en:

imagenes web uami-07

Asesoramiento e/ou emisión de informes

Aclaramos consultas relacionadas con permisos de estudos, residencia, residencia de traballo e emitimos os informes de arraigo e vivenda.

Permiso de residencia e/ou residencia e traballo:

Informamos sobre a documentación que permite residir en España e/ou residir e prestar servizos profesionais durante un tempo determinado.

Reagrupación familiar:

Asesoramos para poder traer ao núcleo familiar a España, para vivir coa persoa solicitante.

Visado:

Informarmos sobre os trámites precisos para a obtención do documento que permite a entrada en territorio español.

Renovacións:

Informamos sobre o necesario para renovar ou modificar os permisos.

Nacionalidade española:

Achegamos os requisitos necesarios para acceder a nacionalidade española.

Protección internacional e asilo:

Informamos e aclaramos sobre os procesos de solicitude e derivamos as necesidades de acollida.

Atención social: información e derivación

Aclaramos consultas relacionadas cos recursos sociais dispoñibles e informamos sobre os organismo nos que realizar determinadas xestións necesarias.

imagenes web uami-11

Prestacións:

Orientamos sobre o tipo de rendas existentes e a posibilidade de percepción das mesmas en función da túa situación particular.

Sanidade:

Orientamos sobre o acceso á atención sanitaria e medicamentos en función da túa situación particular.

Axudas extraordinarias para emigrantes retornados/as:

Emitimos o informe social para atender situacións de extraordinaria necesidade das persoas españolas retornadas.

Retorno voluntario:

Tramitamos o retorno voluntario das persoas non comunitarias que precisan retornar ao seu país de orixe.

Educación:

Informamos sobre o proceso de escolarización de menores e pasos a seguir para acadalo, en función da túa situación particular.

imagenes web uami-08

Formación

Ofertamos programas formativos e pre-laborais, así como obradoiros, en colaboración con outras entidades sociais. Facilitamos a aprendizaxe e a inserción laboral e social.

Cursos formativos:

Ofrecemos a oportunidade de adquirir novas aprendizaxes coas que facilitar a convivencia e inserción laboral a través de diversos cursos formativos e obradoiros.

Obradoiros de Acollemento Lingüístico:

Achegamos a posibilidade de cursar estudos de lingua galega e castelá para acadar un maior desenvolvemento comunicativo.

Accións de sensibilización

Desenvolvemos, da man doutras entidades colaboradoras, xornadas lúdicas e festivas. Queremos tecer redes de confianza entre persoas migrantes, asiladas e emigrantes retornadas.

imagenes web uami-04

Obradoiros e festivais:

Xornadas de convivencia e aprendizaxe para coñecer persoas nun espazo seguro e atopar apoio e acompañamento.

Encontros e relatorios:

Espazos de reflexión sobre as causas que motivan os fluxos migratorios e análise dos procesos migratorios, dende o punto de vistas das persoas protagonistas.

Xornadas e campañas:

Contornas presenciais e en liña para visibilizar as diversas realidades das persoas migrantes, asiladas e emigrantes retornadas.

Se precisas algúns dos
servizos anteriores,
podes pedir a túa cita

Pide a túa cita

Se es unha persoa migrante, asilada ou emigrante retornada e precisas asesoramento, atención ou formación específica para a túa situación particular, contacta coa UAMI.

Estamos desexando coñecer a túa historia e aportar solucións!