Somos a UAMI
Somos a Unidade de Atención ás Migracións
do Concello de Santiago de Compostela
Un organismo de axuda para persoas migrantes, asiladas e emigrantes retornadas, ao que acudir en canto chegas, para saber todo o que precisas para instalarte aquí.
Queremos ser o teu espazo de primeira referencia, para poder atender as túas necesidades informativas básicas, en canto ás xestións primarias a realizar no territorio (empadroamento, tarxeta sanitaria…) Facilitamos o teu proceso de adaptación e o da túa familia: Sabemos o que facer e onde!
Orientamos, informarmos, atendemos e derivamos gratuitamente ás persoas migrantes, asiladas e emigrantes retornadas, sexa cal sexa a súa situación administrativa. Somos unha oficina municipal formada por persoas que asesoran a persoas sobre os procesos necesarios, adaptados a cada situación persoal e familiar particular.
Con quen te vas a atopar?
Con persoas profesionais que atenden as túas necesidades informativas, xa que cremos profundamente no enriquecemento colectivo que unha sociedade máis xusta, respectuosa e diversa ofrece, sendo ademais unha fonte de desenvolvemento humano, comunitario e económico.
Ofrecemos un servizo específico adaptado a ti: coñecemos paso por paso todos os requirimentos que terás que cumprir para poder establecerte aquí, así como toda a información sobre axudas, subvencións, bolsas de estudos, actividades e programas…aos que podes ter acceso en función da túa situación administrativa.
Traballamos cada día para:
-
Fomentar unha comprensión positiva da inmigración, poñendo en valor a túa contribución ao mantemento do noso modelo de vida.
-
Ser un referente, para ti e para as institucións, en materia de regularización, capacitación persoal e inclusión social.
-
Desenvolver proxectos innovadores e prestarche servizos de calidade.
-
Construír unha organización eficiente, flexible e transparente formada por persoas profesionais capacitadas e orientadas cara ao teu benestar.
-
Buscar a mellora continua dos nosos servizos e da túa vida.