Colabora connosco

Dende a UAMI colaboramos con outras entidades e organizacións para reforzar a atención ás persoas migrantes, asiladas e emigrantes retornadas, que precisan de toda a estrutura social dispoñible, que traballando en equipo, poidamos ofrecer.

A nosa prioridade e que as persoas usuarias se atopen acompañadas e orientadas.

Con este obxectivo queremos contar con outros servizos ou recursos dispoñibles na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de complementar e aumentar a burbulla de protección e o labor de acompañamento das persoas migrantes, asiladas e emigrantes retornadas.

Se queres formar equipo coa UAMI,
contacta con nós a través de:

migracions@santiagodecompostela.gal

Pide a túa cita

Se es unha persoa migrante, asilada ou emigrante retornada e precisas asesoramento, atención ou formación específica para a túa situación particular, contacta coa UAMI.

Estamos desexando coñecer a túa historia e aportar solucións!

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, elaborar información estatística, analizar os seus hábitos de navegación e inferir grupos de interese. Isto permítenos personalizar o contido que ofrecemos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Pode ampliar a información sobre cookies na nosa Política de cookies.