Preguntas frecuentes
Desde a UAMI queremos resolver todas as túas dúbidas e facilitar a túa adaptación na cidade de Santiago de Compostela.
Estas son algunhas das cuestións que mais habitualmente nos trasladan as persoas migrantes, asiladas e emigrantes retornadas que acoden a UAMI, pero recorda que estamos cada día ao teu servizo para responder a calquera outra incerteza que teñas.
Desexamos atender as túas dúbidas,
desexamos atenderte a ti!
Do mesmo xeito que calquera outra persoa estranxeira residente na cidade, que precisa información sobre recursos e servizos, ti tamén podes acudir á Unidade de Atención ás Migracións (UAMI). Atoparás este servizo municipal en: Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n (Edificio CERSIA)
Para informar de todos os trámites e recursos relacionados con menores, na UAMI contamos cunha traballadora especializada en migración, que che achegará toda a información que precisas.
Para recibir orientación, na UAMI desenvolve o seu labor unha persoa especialista na materia, que che asesorará en función das túas circunstancias persoais e situación concreta.
Se es unha persoa migrante empadroada no Concello de Santiago de Compostela, poderás solicitar o informe de Arraigo Social na UAMI, a través de cita previa. Recomendamos acudir previamente a unha cita informativa para garantir a posterior emisión dun informe favorable.
Se estás empadroado/a no Concello de Santiago de Compostela, podes ter acceso a recursos e prestacións sociais nas mesmas condición que o resto da cidadanía, sempre que cumpras cos requisitos esixidos na normativa estatal/autonómica ou local. A persoa traballadora social do Concello, pode informar, valorar e achegar o recurso máis axeitado a túa demanda. Contacta cos Servizos Sociais Municipais que che corresponden segundo o teu domicilio: chama ao teléfono de contacto: 981 54 24 65, para solicitar cita previa.
As persoas emigrantes retornadas dispoñen de servizos e axudas específicas en función do cumprimento dos requisitos esixidos pola normativa en vigor. Para obter información sobre os mesmos, podes solicitar cita.
Para contratar persoas estranxeiras non comunitarias, e preciso que dispoñan do permiso de residencia e de traballo en España, en vigor. Tamén é posible contratar persoas estranxeiras non comunitarias, non residentes en España, á solicitude dunha empresa, sempre que cumpran determinados requisitos.
As persoas estudantes estranxeiras en España poden, nalgúns casos, compatibilizar os seus estudos cunha actividade laboral.
Calquera consulta relacionada con este epígrafe, dada a variedade de circunstancias excepcionais e de requisitos a cumprir que reúne cada unha das situación particulares, require dunha avaliación minuciosa. Solicita cita na UAMI para que podamos realizar a valoración necesaria e orientarche.