UNIDADE DE ATENCIÓN ÁS MIGRACIÓNS E PERSOAS EMIGRANTES RETORNADAS
Oficina Municipal do Concello de Santiago de Compostela, encargada da atención informativa inicial e primeira, ás persoas migrantes, asiladas e emigrantes retornadas.
Asesoramento e/ou emisión de informes
Atención social: información e derivación
Formación
Accións de sensibilización
Na UAMI de Santiago de Compostela
Ofrecémosche a información que precisas, completa e detallada. Facilitámosche unha orientación inicial clara sobre os trámites que precisas realizar e onde desenvolvelos.
Queremos que os teus primeiros pasos sexan organizados e seguros! Acode a nós dende o principio para evitar contratempos.
Localízanos
Dirección
Rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n (Edificio CERSIA)